Feminismo, xénero e coeducación na literatura infantil e xuvenilhistoria crítica e aplicación didáctica

  1. Pena Presas, Montserrat
Dirixida por:
  1. Bieito Silva Valdivia Director
  2. Dolores Vilavedra Fernández Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 25 de xaneiro de 2016

Tribunal:
  1. Helena González Fernández Presidente/a
  2. María Xesús Nogueira Pereira Secretaria
  3. Katarzyna Moszczynska Vogal
  4. Isabel Fernández López Vogal
  5. José Rovira Collado Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Didácticas Aplicadas

Tipo: Tese

Teseo: 401660 DIALNET

Resumo

Este estudo pretende analizar como o feminismo e os estudos de xénero (un ámbito de análise derivado en grande medida do impacto que o movemento feminista tivo nas humanidades e das ciencias sociais) influíu na literatura infantil e xuvenil. Tamén como resultado do cambio de valores sociais acontecidos ldespois do maio do 68, as obras destinadas a nenas e mozas abríronse á chamada "literatura militante", que incluía a loita de raza, clase e xénero como os seus tres preceptos fundamentais. Á vez que xurdían estes textos, eran cada vez máis os estudos que, especialmente dende o ámbito das feministas máis implicadas coa educación (na súa maioría mestras) denunciaban o sexismo que aparecía na maioria de textos para a infancia e a mocidade. Non obstante, a maior parte destas achegas publicáronse en revistas vencelladas ao movemento feminista ou en revistas de literatura infantil, polo que a súa importancia foi frecuentemente minimizada. A partir desta constación, abordáronse diferentes publicacións pertencentes ao ámbito anglófono, ao hispánico e ao galego coa intención de historiar a confluencia entre feminismo, xénero e literatura infantoxuvenil. Ademais, no ámbito galego realizarase un estudo da presenza das mulleres como creadoras de textos infantoxuvenís para poder analizar as narracións da literatura galega á luz das ferramentas críticas recompiladas. Á vez, estudaranse detidamente os textos por elas producidos como mostra de certas innovacións realizadas no sistema literario en relación ao tratamento dos xéneros e como proba do impacto que a coeducación tivo en determinadas obras. Por último, como resultado desta análise, tentarase establecer unha proposta de canon de literatura coeducativa para a Educación Secundaria Obligatoria, coa intención de que poida ser aplicado nas aulas. O traballo conta con tres obxectivos fundamentais: A. Reconstruír as achegas teóricas realizadas á literatura infantoxuvenil dende unha perspectiva dos estudos feministas e de xénero a través da análise de publicacións periódicas. B. Analizar e pór en valor a laboura das escritoras na construción da narrativa infantil e xuvenil galega e establecer unha periodización que aborde os avances e retrocesos dende a perspectiva de xénero. C. Propoñer un canon de lecturas con que traballar a prol da igualdade nas aulas de Educación Secundaria.