Do amateur ao militanteimplicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos 70
- Gómez Viñas, Xan
- Margarita Ledo Andión Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 18 de decembro de 2015
- José Luis Castro de Paz Presidente
- Marta Pérez Pereiro Secretaria
- Olga Osorio Vogal
- Begoña Gutiérrez San Miguel Vogal
- José Francisco Cerdán Los Arcos Vogal
Tipo: Tese
Resumo
cinema, cómplice e testemuña dos procesos históricos, adoita dar pasos de xigante en tempos de fractura. Na Galiza do tardofranquismo, nun clima de fonda axitación política e cultural, agroman novas expresións fílmicas que, botando man de formatos de gravación non profesional, acuñan por vez primeira o termo “cinema galego”. O presente traballo de investigación procura, por primeiro, achegar unha clasificación tipolóxica das distintas iniciativas de filmación que, na década dos setenta, circulan a través dunha rede de distribución alternativa, composta por cineclubs, teleclubs, asociacións de veciños, parroquias, colexios ou locais sindicais. Desde o filme doméstico, destinado á perpetuación da imaxe da institución familiar, até a expresión militante, que procura un espectador activo e partícipe dos procesos históricos, pasando pola esfera estritamente amateur, que se move arredor de festivais e clubs de cinema afeccionado, procedemos á identificación e análise das principais iniciativas que compoñen a escena cinematográfica do momento. Logo do necesario labor taxonómico, a pesquisa centra o seu foco en tres colectivos de filmación que, ao longo da década, buscan asentar as bases para a creación dunha cinematografía propia para Galiza. A aproximación ao caudal creativo dos grupos Lupa, Imaxe e Enroba permítenos desenvolver un exhaustivo estudo de cadansúas filmografías, ao tempo que detectamos coincidencias e especificidades. A análise comparada dos tres colectivos en termos de estrutura organizativa, escollas formais ou posicionamentos fronte a unha posible profesionalización do sector, lévanos a unha síntese das distintas correntes de pensamento que se sitúan na cerna do cinema galego contemporáneo. Palabras chave: Cinema amateur, cinema militante, Equipo Lupa, Grupo Imaxe, Enroba.