Refuncionalizando a Casa Solarengauma Grounded Theory

  1. Sousa Soares de Oliveira Braga, José Luís
Dirixida por:
  1. António Manuel Barros Cardoso Director
  2. Miguel Pazos Otón Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 17 de xuño de 2016

Tribunal:
  1. María Luisa del Río Araújo Presidenta
  2. Valerià Paül Carril Secretario
  3. Jorge Bernardo Larceda de Queiroz Vogal
  4. Rosa María Soriano Miras Vogal
  5. Maria Helena Mesquita Pina Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Xeografía

Tipo: Tese

Resumo

O obxectivo do presente estudo é comprender o que está a acontecer nas unidades sociais do "Turismo de Habitação" actividade que ten contribuído para a valorização do patrimonio local e rexional e para a cohesión do territorio portugués. A Teoría Fundamentada Clásica (TFC) - i.e. Grounded Theory - é unha abordaxe metodológica que permite a xeración de teorías inducidas a partir dos datos extraídos da realidade estudada. O seu desenvolvemento debeuse ao traballo pioneiro dos sociólogos americanos Barney G. Glaser e Anselm Strauss na década de sesenta do século XX. Esta é hoxe unha das metodologias de pescuda máis populares do mundo. A TFC privilexia a noción de diálogos entre iguais ao contrario dunha relación hierárquica entre entrevistador e entrevistado e ten aínda a virtualidade de non se limitar a unha unidade de análise. Así, os conceptos que dela derivan son xeneralizabades a outras áreas substantivas. O proceso de investigación da TFC caracterízase por ser en espiral, ou sexa, a medida que un investigador desenvolve a teoría, pode revisitar fases segundo a súa necesidade. A TFC permite desenvolver unha teoría, ora o turismo, mentres disciplina, carece das súas propias teorías, independentes doutras áreas de saber. Efectivamente, a TFC permitirá comprender a acción nas casas senhoriais do punto de vista dos actores implicados. A teoría dará unha explicación acerca da principal preocupación dos propietarios de casas de "Turismo de Habitação" e como esta é resolta e procesada. A continua resolución é a variável central, que designamos de "refuncionalizando". Palabras clave: Turismo de Vivenda, Teoría Fundamentada Clásica, Hospitalidade, Patrimonio, Autenticidade.