O bispado de Mondoñedo na Idade Mediaterritorio, comunidade e poder
- González Paz, Carlos Andrés
- Carlos Baliñas Pérez Director
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 02 de febrero de 2016
- Pegerto Saavedra Presidente
- Fernando López Alsina Secretario
- José Augusto de Sottomayor-Pizarro Vocal
- Eduardo Pardo de Guevara Valdés Vocal
- María Beatriz Vaquero Díaz Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
O obxectivo fundamental desta tese de doutoramento podería sintetizarse no seguinte enunciado: o estudo da rexión do bispado de Mondoñedo entre os séculos IX e XIII, coa finalidade esencial de avanzar –grazas á presentación, análise e interpretación da información recompilada– no coñecemento existente sobre a súa traxectoria histórica medieval. O bispado mindoniense, caracterizado coma unha rexión territorial e historicamente construída, sería a consecuencia dun complexo proceso de natureza antrópica, no cal os factores humanos actuarían sobre o elemento espacial, outorgando semánticas e utilidades. Sería o resultante dunha sinerxía secular, simbiose establecida entre interacción e interdependencia de converxencias e diverxencias de dobre carácter. Por unha parte, de dinámicas internas –cuxa xenética sería tanto causa como efecto das súas especificidades–, e por outra parte, de fluxos externos –pois nunca ficou nin inmune a influencias, nin impermeable a contextos–. Esa consideración conceptual da diocese de Mondoñedo situounos ante o método de análise de base rexional, o cal –segundo a paradigmática definición do profesor Ermelindo Portela Silva*– “persigue el conocimiento de la serie de relaciones que el conjunto de los habitantes de un territorio establecen con el espacio en que viven y entre sí mismos, durante un período de tiempo concreto”. A continuación, establecéronse os prismas específicos que servirían para abranguer o estudo desa realidade; explicitados a través dos tres termos conformadores do seu subtítulo: o territorio, a comunidade e o poder. A ambición última desta tese de doutoramento sería a obtención final dunha visión metodoloxicamente pertinente e discursivamente coherente da evolución histórica –con especial fincapé nos ámbitos social e económico– da rexión do bispado de Mondoñedo entre os séculos IX e XIII. * PORTELA SILVA, E. La región del obispado de Tuy en los siglos XII a XV. Una sociedad en la expansión y en la crisis. Santiago de Compostela, 1976, p. 10.