A educación do ocio nos procesos de recuperación da violencia de xéneroun estudio de caso. A Casa Malva de Xixón

  1. Merelas Iglesias, Tania
Dirixida por:
  1. María Belén Caballo Villar Director
  2. Ana Sánchez-Bello Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 05 de febreiro de 2016

Tribunal:
  1. José Antonio Caride Gómez Presidente
  2. Rita Gradaílle Pernas Secretaria
  3. Santiago Yubero Jiménez Vogal
  4. Lola Ferreiro Díaz Vogal
  5. Rosa Cobo Bedía Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Tipo: Tese

Teseo: 395003 DIALNET

Resumo

A presente Tese Doutoral dá continuidade a liñas de investigación educativa no marco dos Estudos de Ocio integrando un enfoque de xénero. A hipótese que guiou o seu desenvolvemento parte da consideración do papel que a educación do ocio ten nos procesos de recuperación da violencia de xénero, é dicir, comprobar a potencialidade do lecer como factor protector e resiliente ante experiencias de vida traumáticas. A investigación adquiriu a modalidade dun estudo de caso de corte cualitativo, contextualizada no Centro de Atención Integral a Mujeres Víctimas de Violencia de Género (CAIM) ou Casa Malva de Xixón. As entrevistas semiestructuradas, os grupos de discusión e a observación non participante foron as principais técnicas empregadas, xunto cunha revisión documental sistemática arredor dos tópicos fundamentais do estudo. En total participaron 16 mulleres, usuarias da Casa Malva, e 13 profesionais do recurso. Os principais resultados indican que o lecer é un tempo de posibilidades educativas con efectos positivos nos procesos de recuperación en situacións de violencia de xénero, de tal forma que emerxe como un área de intervención socioeducativa a considerar nos Proxectos de Recuperación Persoal que se establecen nun recurso de acollemento durante o réxime de longa estadía. Entre os beneficios que se destacan das experiencias de ocio cabe sinalar a desconexión, que permite reducir os niveis de ansiedade; e a sociabilidade, isto é, un escenario que favorece as relacións sociais e a creación dunha rede de apoio.