Xeomorfoloxía e paisaxe nun espazo de montañasector lucense da serra de Ancares
- Otero Otero, Marta
- Ramón Blanco Chao Director
- Marcos Valcárcel Díaz Co-director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 06 de setembro de 2016
- Augusto Pérez Alberti Presidente
- Jordi Nadal Tersa Secretario/a
- Enrique Serrano Cañadas Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A Serra de Ancares representa unha das principais paisaxes de montaña de toda Galicia, cuns elementos xeomorfolóxicos únicos. A presente tese pretende manifestar a importancia da xeomorfoloxía nos Ancares galegos dende dúas perspectivas: a primeira como axente condicionante na distribución dos diferentes usos e coberturas do solo e polo tanto da paisaxe da serra, e a segunda, como ferramenta válida na posta en valor dos recursos naturais. Comprobouse a relación entre a xeomorfoloxía e o asentamento e distribución dos usos e coberturas do solo en tres zonas significativas dos Ancares, Val de Rao, Piornedo e Val de Ortigal, e en tres momentos diferentes, 1957, 1983 e 2003 . Tamén se catalogaron oito Lugares de Interese