Rafael Dieste e a xeometríaargumentos para unha concepción filosófica do espazo como índice de realidade
- Díaz Díaz, Xosé
- Rafael Martínez Castro Co-director
- Arturo Casas Co-director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 11 de xaneiro de 2013
- Mercedes Torrevejano Parra Presidente/a
- María López Sández Secretaria
- Nel Rodríguez Rial Vogal
- Ricardo Moreno Castillo Vogal
- Carlos Nieto Blanco Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Rafael Dieste publicou en vida tres tratados sobre xeometría. As obras, tituladas Nuevo Tratado del Paralelismo (1956), ¿Qué es un axioma? Movilidad y semejanza (1967) e Testamento Geométrico (1975), constitúen a sección menos coñecida e estudada da produción diesteana. Os tres libros xiran en torno a un problema común: a cuestión da demostrabilidade do V Postulado de Euclides e, consecuentemente, a disxuntiva entre xeometrías euclidiana e non euclidianas como modelos lexítimos de verdade e representación. Á marxe dos aspectos estritamente xeométricos, ditas obras teñen especial relevancia polo seu alto rendemento filosófico, que axuda a abrir e comprender novas dimensións do autor. Máis alá dos contidos dedutivo-teoremáticos, a obra xeométrica de Dieste encobre un estudo sobre o estatuto ontolóxico e epistemolóxico de espazo, tempo e movemento. O obxectivo deste traballo non é outro que investigar as concepcións diesteanas de espazo, tempo e movemento, a súa competencia coa realidade e o lugar que ocupan nos procesos de coñecemento.