A igualdade sexual na diversidade cultural

  1. Martínez Suárez, Yolanda
Supervised by:
  1. María Xosé Agra Romero Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 31 May 2010

Committee:
  1. Lourdes Méndez Pérez Chair
  2. Lois Álvarez Pousa Secretary
  3. Rita María Radl Philipp Committee member
  4. Rosa Cobo Bedía Committee member
  5. Neus Campillo Committee member
Department:
  1. Department of Philosophy and Anthropology

Type: Thesis

Teseo: 304643 DIALNET

Abstract

A tese de doutoramento aborda o debate entre feminismo, espazo discursivo do que parte, e multiculturalismo. Con este obxecto, parte da análise e reflexión teórica sobre a relación entre cultura e xénero. A construción patriarcal da muller como obxecto natural, tradicional e recluída na esfera privada xera dificultades de mobilidade cultural para as mulleres. Na sociedade de globalización actual esta cuestión ten unha aplicación práctica nas correntes inmigratorias transnacionais femininas. A mobilidade xeográfica non sempre está ligada á mobilidade cultural, sobre todo cando os suxeitos que emprenden un proxecto migratorio son mulleres. Partindo destas premisas teóricas, examinamos o acceso das mulleres inmigradas á esfera pública, no contexto español, a través dos medios de comunicación. En concreto, analizamos a representación mediática das inmigradas na prensa rexional galega (La Voz de Galicia e Faro de Vigo) e catalá (El Periódico de Catalunya e La Vanguardia) de referencia entre 2004 e 2006. A metodoloxía escollida para esta tarefa é mixta. Combinouse a Análise Crítica do Discurso coa Teoría do Marco (Framing Theory) e a análise semiótica das imaxes. A análise da mostra de diarios complétase cos resultados da realización de 224 enquisas a inmigradas residentes en Cataluña e Galicia para comprobar a súa percepción da propia representación mediática. Nesta investigación guíanos a hipótese da construción social ¿mediática- das inmigradas como vítimas sen axencia, estratexia que implica o reforzo da heterodesignación patriarcal das mulleres nun contexto de posible mobilidade cultural. As conclusións da tese veñen a confirmar esta afirmación.