As cantigas de Pero d' Armeaedición crítica e estudo

  1. FERNÁNDEZ CAMPO, FRANCISCO JOSÉ
Dirixida por:
  1. Mercedes Brea López Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 30 de xullo de 2012

Tribunal:
  1. Pilar Lorenzo Gradín Presidenta
  2. Francisco Xabier Varela Barreiro Secretario
  3. Carmen F. Blanco Valdés Vogal
  4. Cleofé Tato García Vogal
  5. Rosa María Medina Granda Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Filoloxía Galega

Tipo: Tese

Resumo

O obxectivo principal deste traballo é o de presentar unha edición crítica, elaborada segundo os parámetros da crítica textual contemporánea, dos textos líricos do xograr galego Pero d¿ Armea, quen posiblemente, desenvolveu a súa actividade poética entre o segundo e o terceiro cuartos do século XIII. Ata o de agora, só existen edicións parciais, feitas con criterios de edición de distinta profundidade, polo que se fai necesaria unha edición crítica total das súas composicións. As cantigas de Pero d¿ Armea véñennos transmitidas polos dous códices confeccionados en Italia, nos inicios do século XVI, por mandado do humanista Angelo Colocci, é decir, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B) e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V). A partir deses testemuños, intentaremos formular unha hipótese de fixación dos textos, seguindo os procedementos da crítica textual actual. Asemade, tentaremos presentar os escasos dados biográficos do xograr de Armea, coa fin de situalo, espacial e temporalmente, e de reconstruir o marco xeracional, ambiental, cultural e de relacións con outros trobadores e xograres da escola poética do occidente peninsular. Palabras chave: Lírica medieval galego-portuguesa Edición crítica Cantigas Pero d¿ Armea