Study of membrane bioreactors for the treatment of low strenght municipal wastewaters

  1. Iglesias Obelleiro, Ángela
Dirixida por:
  1. Juan M. Garrido Fernández Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 23 de xullo de 2013

Tribunal:
  1. Francisco Omil Prieto Presidente
  2. José Ramón Vázquez-Padín Secretario/a
  3. Francesco Fatone Vogal
  4. Joaquim Comas Matas Vogal
  5. Ana Lorena Esteban García Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Enxeñaría Química

Tipo: Tese

Teseo: 352940 DIALNET

Resumo

O proxecto de tese titulado ¿Study of Membrane Bioreactors for the treatment of low strength municipal wastewaters¿ ten como obxectivo a concepción, desenrolo e investigación de novos procesos que permitan o avance da tecnoloxía de biorreactores de membranas somerxidas (MBR), que se aplican dende hai algo máis dunha década para o tratamento de augas residuais urbanas e/ou municipais, pero que aínda son mellorables en aspectos relativos á eliminación de nutrientes, ensuciamento das membranas e á diminución do consumo enerxético ou dos custes de operación e mantemento. Esta tese enmárcase en estudos a escala piloto e industrial en Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) para o tratamento de augas residuais municipais de baixa carga de cara á identificación e mellora dos puntos máis limitantes á hora da súa expansión no mercado, tendo en conta tanto factores de proceso como de operación. Os biorreactores de membranas, que utilizan membranas de microfiltración ou ultrafiltración, considéranse hoxe en día como unha das mellores tecnoloxías para poder reutilizar augas depuradas xa que permiten obter unha auga residual depurada de alta calidade, libre de indicadores microbianos, e que podería ser reutilizada na agricultura, industria, rego de xardíns ou recarga de acuíferos. Sen embargo a implantación da tecnoloxía de MBR nas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) presenta unha serie de limitacións derivadas do seu alto custe de operación, asociados a un alto consumo enerxético e a uns maiores custes de mantemento. Outro custe adicional é tamén a necesidade de mudar os módulos de membranas, que teñen unha vida útil limitada a uns 8 a 12 anos. É importante pois, seguir traballando na mellora desta tecnoloxía nos seguintes aspectos de deseño e operación