A Construción do personaxe esférico no relato televisivo de ficción seriadao caso House M.D
- Alonso Ramos, Natalia
- Enrique Castelló Mayo Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 14 de xuño de 2013
- Margarita Ledo Andión Presidenta
- Demetrio E. Brisset Martín Secretario/a
- Santos Zunzunegui Díez Vogal
- José Luis Castro de Paz Vogal
- Manuel Palacio Arranz Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A presente tese de doutoramento alberga como obxectivo primordial a análise da construción do personaxe protagonista e habitual, a través da arquitectura episódica, do relato televisivo de ficción denominado `serie dramática¿. De xeito máis específico, esta investigación constitúe un estudo de caso xa que se centra nun dos produtos máis emblemáticos no seo da terceira Golden Age da historia da ficción televisiva en Estados Unidos: a serie House M.D. (Fox: 2004) e, concretamente, nos seus personaxes centrais; o doutor Gregory House, cuxo apelido e profesión dálle nome ao programa; e os seus compañeiros de traballo, Lisa Cuddy, Eric Foreman, James Wilson, Allison Cameron e Robert Chase; a fin de determinar o seu nivel de complexidade e establecer se nos atopamos ante construcións de natureza esférica, é dicir, dotadas de múltiples trazos definitorios. Coa intención de materializar o devandito propósito, os capítulos que compoñen a primeira tempada da serie foron sometidos a unha análise de contido cuantitativa, da que se extraeron posteriores inferencias cualitativas, as cales permitiron determinar que os entes ficcionais obxecto de estudo obedecían a unha configuración multidimensional ou poliédrica: os seus trazos constitutivos podían ser parcelados en eido social, persoal e psicolóxico. Asemade, constatouse que o personaxe de Gregory House desenvolvía un rol sinérxico en tanto aglutinador ou nexo común das diversas subtramas, as cales, á súa vez, emanan dunha trama principal de enigma na que o equipo de doutores debe descifrar a patoloxía que se agocha tras un críptico cadro sintomático. Finalmente, a presente tese de doutoramento conclúe que o ente ficcional de Gregory House, sufridor de dor crónica, se corresponde cunha construción de natureza mesiánica: ser dotado de inmensas facultades para mitigar o padecemento alleo pero incapaz de paliar o seu propio martirio.