Ideas sobre o galego e as orixes do portugués na lingüística lusa do século XIX. Xénese e impacto en Galicia da hipótese celtista

  1. García Turnes, Beatriz
Supervised by:
  1. Henrique Monteagudo Romero Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 21 July 2008

Committee:
  1. Ivo Castro Chair
  2. Elias J. Feijó Torres Secretary
  3. Clarinda de Azevedo Maia Committee member
  4. Rosario Álvarez Blanco Committee member
  5. Manuel Ferreiro Fernández Committee member
Department:
  1. Department of Galician Philology

Type: Thesis

Abstract

Esta tese analiza a reflexión lingüística que se produciu nos ámbitos eruditos e especializados do Portugal do século XIX co fin de descubrir as ideas sobre as linguas en xeral e sobre o galego e mais o portugués en particular que influíron na intelectosfera que rodeou os galeguistas da Restauración. Para iso, divídese en dous capítulos: no primeiro estúdase a chegada do celtismo lingüístico francés a Portugal a principios de século, a polémica que enfrontou os celtistas cos defensores da orixe latina do portugués e o traspaso dese celtismo lingüístico a Galicia da man de autores como Manuel Murguía, Augusto González Besada ou Manuel Curros Enríquez. O segundo capítulo ocúpase das referencias directas ao galego que se encontran nos autores portugueses do século XIX, tanto antes como despois da introdución do novo paradigma histórico-comparatista que supón a constitución da lingüística en ciencia independente. Antes da chegada deste paradigma, os autores que mencionan o galego son os redescubridores da lírica galego-portuguesa medieval e mais Alexandre Herculano. Tras o cambio que chega da man de Adolfo Coelho, ocúpanse do galego tanto intelectuais (Oliveira Martins, Teófilo Braga) como lingüistas propiamente ditos (o mesmo Adolfo Coelho, José Leite de Vasconcellos ou Carolina Michaëlis).