Sociedade da información e desenvolvemento rural.análise de novos procesos sociais e territoriais en rexións periféricas: o caso de Galicia
- Carlos Ferrás Sexto Doktorvater
Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 17 von September von 2009
- Patrick O'Flanagan Präsident/in
- José Manuel López Andión Sekretär
- Xosé López García Vocal
- Joao Sarmento Vocal
- Joana María Seguí Pons Vocal
Art: Dissertation
Zusammenfassung
Esta investigación aborda o estudo da difusión da sociedade da información en Galicia, así como as oportunidades que ofrecen as tecnoloxías da información e a comunicación de cara o desenvolvemento dos espazos rurais máis deprimidos. Galicia é unha das rexións máis atrasadas de España no que respecta á expansión da sociedade da información, e as novas tecnoloxías poden ser un piar fundamental de desenvolvemento económico e social para esta rexión, e en especial para o medio rural. Dun lado, nesta investigación analízanse experiencias destacadas de desenvolvemento rural a partir da difusión das novas tecnoloxías, examínanse dende un punto de vista crítico as políticas que se levaron a cabo ó longo dos últimos anos, dende as directrices da Unión Europea até as medidas adoptadas polos distintos gobernos autonómicos. Doutro lado, estúdase a produción web en Galicia e o equipamento e emprego das tecnoloxías da información e a comunicación. No primeiro caso, pescúdase acerca da cantidade e a calidade dos sitios electrónicos creados en Galicia, e no segundo, investígase en profundidade o uso das novas tecnoloxías nos fogares de tres concellos rurais galegos. Os resultados desta análise foron vertidos nun amplo dossier cartográfico elaborado a partir de sistemas de información xeográfico, onde se detalla tanto a diversidade da produción web galega, como o equipamento e uso das novas tecnoloxías por asentamentos nos concellos de estudo.