Dar o sanguea lóxica do doar-non doar sangue na Comunidade Autónoma de Galicia (1993-1997)

  1. CASADO NEIRA, DAVID
Dirixida por:
  1. Marcial Gondar Portasany Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 13 de setembro de 2001

Tribunal:
  1. Jesús Azcona Mauleon Presidente/a
  2. Julio Cabrera Varela Secretario
  3. Ander Gurrutxaga Abad Vogal
  4. Emilio González Fernández Vogal
  5. Rosario Otegui Pascual Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 81414 DIALNET

Resumo

Partindo da investigación da doazón de sangre en Galicia abórdase as condiciones sociais de produción dos procesos de doar e no doar sangre. Doar non é un estado absoluto consecuencia dunha decisión unívoca, senón que responde a unha dinámica de transita entre diferentes posibilidades. As tres obrigas que implica a teoría clásica do don (dar, recibir e devolver) están presentes na moderna doazón de sangre (altruísta, universal e anónima), pero neste caso adquire unhas características que, se ben non nos permite considerar esta doazón coma unha forma convencional de don, tampouco é posible obviar a súa vixencia. Como alternativa aos enfoques psicologizantes e culturizantes, a teoría das castátrofes ofrece unha vía de comprensión das decisiones do doar/non doar na súa complexidade. En base á análise de datos de doazón, entrevistas e campañas de captación identifícase tres bases sob as lóxicas da doazón: a confianza no sistema biomédico e a súas resistencias, as formas de reciprocidade (focalizada vs. difusa), e a encarnación da experiencia do sangre coma fluído. Na doazón de sangue a dualidade cartesiana corpo-alma é persistente, así como a concepción do corpo como máquina, e máis a teoría galénica dos humores. A encarnación é consecuencia dun proceso moderno de civilización con tensións. O altruísmo concíbese coma un fenómeno fisiolóxico a través dunha asimilación entre a moralidade e a dispoñibilidade extractiva. Na doazón de sangue o altruísmo como xustificación moral está encarnado. A doazón de sangue constitúe unha práctica de biopoder que permite e limita á vez a doazón.