Movementos Sociais e Altermundismo en Galicia. De Nunca Máis a AGE (2002-2012)

  1. Hermida González, Xoán
Dirixida por:
  1. Ramón Máiz Suárez Director
  2. Nieves Lagares Díez Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 17 de decembro de 2015

Tribunal:
  1. Pedro Ibarra Güell Presidente/a
  2. Xosé Manuel Rivera Otero Secretario
  3. Erika Jaráiz Gulías Vogal
  4. Araceli Mateos Díaz Vogal
  5. Guadalupe Martínez Fuentes Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Ciencia Política e Socioloxía

Tipo: Tese

Resumo

Movementos Sociais e Altermundismo en Galicia. De Nunca Máis a AGE (2002-2012) aborda o percorrido polas �dinámicas relacionais�, en expresión de Charles Tilly, durante a década dourada dos movementos sociais en Galicia. A década iniciase con Nunca Máis como momento fundacional do movemento social galego actual e percorre diferentes redes e alianzas ata chegar ao nacemento de AGE, como contedor político da cidadanía que buscaba a construción dun novo interface diferente a partidos clásicos e a estruturas unidimensionais. As oportunidades políticas (procesos de globalización e crise sistémica), os procesos enmarcadores (a desafección cara aos partidos que instrumentalizaron desde a transición á sociedade civil) e as estruturas de mobilización (organización existentes que foron madurando na súa compresión política autónoma e novos colectivos nacidos á calor do movemento altermundista de Porto Alegre) son as chaves para que este proceso dese callado. A irrupción do movemento da indignación (15M) convértese no punto de arranque (simbólico) dun novo tempo político que anuncia o esgotamento do armazón político e institucional saído da transición, pon en cuestión o seu relato, e con el a súa estrutura representativa nos partidos e centrais sindicais creados ao abeiro dese modelo. O xurdimento de AGE, neste contexto, é a primeira concreción de novos interfaces políticos construídos en boa medida pola incidencia dos novos movementos sociais e abre un período de (re)construción dunha nova esquerda cívica, democrática e nacional.