O programa dos grupos departamentais de calidade na UDC dende a perspectiva do alumnadounha experiencia para a converxencia con Europa na educación superior

  1. Santos González, María del Carmen
unter der Leitung von:
  1. Xabier de Salvador González Doktorvater/Doktormutter

Universität der Verteidigung: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 03 von Dezember von 2009

Gericht:
  1. Manuel Peralbo Präsident/in
  2. Paula Mendiri Sekretär/in
  3. Ana María Porto Castro Vocal
  4. José Alberto Díez de Castro Vocal
  5. Pilar Martínez Clares Vocal

Art: Dissertation

Teseo: 284481 DIALNET

Zusammenfassung

Esta tese doutoral enmárcase dentro da temática do EEES. Os acordos e medidas emprendidas ao respeto polos distintos países, implican unha serie de cambios e transformación na Educación Superior que abarca todos os aspectos relacionados, tanto coas institucións educativas como ás do propio proceso de ensinanza-aprendizaxe. O noso interese céntrase nas implicacións da implantación do ECTS e as súas repercusións no alumnado. A investigación que desenvolvemos, contextualízase na experiencia piloto, neste caso na Universidade da Coruña, desenvolta a través do programa denominado Grupos Departamentais de Calidade, así como nos títulos de Grao implantados no curso 2008/2009. A través da opinión do alumnado, cunha mostra representada por 2.554 alumnos/as, analizamos os distintos aspectos implicados no proceso de ensinanza/aprendizaxe co novo sistema de créditos dende: a dedicación a realizar o seu traballo autónomo e as distintas actividades relacionadas directamente coas metodoloxías propias deste novo sistema; os recursos, tanto tradicionais como as TICs; a titoría; o desenvolvemento de competencias. Comparamos ademais a información do alumnado que cursa materias integradas no programa coa información que proporciona o alumnado que cursa os Graos, nos cales a implantación do ECTS xa é real.