Portal da
Investigación
Investigar na USC
A USC sitúase nun lugar destacado na clasificación de produtividade da investigación das universidades españolas e europeas e ten unha posición relevante na valoración doutros indicadores como a captación de fondos para proxectos de I+D e de axudas FPI ou FPU, o número de artigos indexados no JCR ou as teses de doutoramento lidas.
A USC conta así mesmo cunha ampla rede de infraestruturas de apoio á investigación con persoal altamente cualificado que dá soporte científico-tecnolóxico a investigadores/as, grupos, centros e departamentos.
7.996
Proxectos
Investigadores da USC e da UVigo elaboran un mapa conceptual dos contidos en primeiros auxilios que deben ensinarse ao longo da educación obrigatoria
Nun traballo publicado na Revista Española de Salud Pública sinalan tamén a falta de concreción nos decretos que definen o desenvolvemento curricular
2024-10-17
A plataforma tecnolóxica Virtus darase a coñecer nunha Xornada de portas abertas en Ciencias da Comunicación
O prazo para inscribirse na visita a estas instalacións remata o martes 22 de outubro
2024-10-16
Polímeros altamente condutores a través do deseño químico e a síntese sobre superficie
Un estudo, coa participación do CiQUS da USC, demostra que é posible preparar este tipo de materiais evitando a dopaxe
2024-10-16
O CITMAga analiza as consecuencias da pandemia da covid nun estudo internacional
Entre as universidades que participan na investigación atópanse Hardvard, Stanford, o MIT, Cambridge e Oxford
2024-10-16
A EPSE dinamiza a investigación sobre seguridade alimentaria e resiliencia ao cambio climático en Iberoamérica
Unha comitiva do Instituto Nacional de Investigacións Agropecuarias de Ecuador realizou unha estadía no Campus de Lugo para compartir coñecementos e capacidades de forma colaborativa
2024-10-15
Especialistas en saúde adéstranse en Compostela no emprego de lentes intelixentes para videomodelado
A reunión do proxecto no que participan as facultades de Enfermaría e Psicoloxía serve para impulsar o ensino nestas disciplinas a través do uso de novas tecnoloxías
2024-10-14
A mocidade investigadora ibérica converte Lugo en capital do coñecemento sobre o uso sustentable da terra e os seus recursos
O Campus Terra da USC impulsa a primeira edición dun congreso que ata o mércores 16 servirá de foco para despregar alianzas que teñen na innovación e no territorio o seu punto de ancoraxe
2024-10-14
Alfredo Bermúdez de Castro e María Alonso Pena, recoñecidos pola Real Sociedade Matemática Española
O profesor emérito da USC recolleu a medalla da RSME e a profesora foi galardoada co Premio Vicent Caselles
2024-10-11
Dúas clasificacións internacionais destacan o rendemento investigador da USC
Times Higher Education e a universidade holandesa de Leiden poñen o foco, respectivamente, na calidade da actividade investigadora, así como nas sinerxías que a USC tece nas súas publicacións
2024-10-10
O estudantado con discapacidade valora tanto a experiencia vital na universidade como titularse
Un estudo da USC demanda que o compromiso das universidades con ese estudantado transcenda a garantía de acceso, permanencia e gradación para avanzar en apoios e recursos “axustados ás necesidades de cada persoa”
2024-10-10