
SIMON RICHARD
DOUBLEDAY
Investigador Beatriz Galindo
Departamento: Departamento de Historia
Área: Historia Medieval
Grupo de investigación: EcoPast EcoPast
Correo: simon.doubleday@usc.es
Simón Doubleday é Profesor Distinguido Beatriz Galindo na Área de Historia Medieval. Recibiu o seu grao en Historia na Universidade de Cambridge (Reino Unido) e o seu doutoramento en Historia Medieval na Universidade de Harvard (Estados Unidos). É director da Journal of Medieval Iberian Studies e foi presidente da Asociación Americana de Historiadores Investigadores de España Medieval (AARHMS). Recibiu dous bolsas individuais da National Endowment for the Humanities (2020-21) e unha da Fundación John Simon Guggenheim (2022-23). A sua investigación céntrase na historia social e política da Península Ibérica medieval. Os seus libros incluyen unha biografía de Afonso o Sabio, The Wise King: A Christian Prince, Muslim Spain, and the Birth of the Renaissance (Basic Books, 2015). Tamén é autor de The Lara Family: Crown and Nobility in Medieval Spain (Harvard University Press, 2001), polo que recibiu o Premio Lawrence A. Stessin ao Mérito Académico Sobresaínte de Hofstra. The Kingdom of León and Galicia under Queen Sancha and King Fernando I, coescrito con Bernard F. Reilly, foi publicado pola University of Pennsylvania Press en 2024.