E colleron ese tren e chegaron a 2022condicións e retos das mulleres da pesca en Galicia
- H. Martínez-Cabrera 1
- G. Rodríguez-Rodríguez 1
- H. Martínez-Ballesteros 1
- M.C. García-Negro 1
- M. Fernández-Taboada 1
-
1
Universidade de Santiago de Compostela
info
- Manuel Rey Méndez (coord.)
- Jacobo Fernández Casal (coord.)
- Miguel Ángel Lastres Couto (coord.)
- Nieves González Henríquez (coord.)
- X.A Padín Álvarez (coord.)
Editorial: ForoAcui
ISBN: 9788409520329
Ano de publicación: 2023
Páxinas: 229-235
Congreso: Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas (24. 2022. O Grove (Pontevedra))
Tipo: Achega a congreso
Resumo
As mulleres son protagonistas tanto cuantitativa como cualitativamente da pesca en Galicia. Partindo da literatura que analizou as transformacións entre finais dos 90 e 2000, este traballo ofrece unha panorámica sobre cal ten sido a evolución nas condicións das mulleres da pesca en Galicia nos últimos 20 anos, se perciben que existe igualdade e por que, e cales son os principais retos para o colectivo en base a unha revisión das principais fontes estatísticas dispoñibles e 33 entrevistas en profundidade. Os resultados amosan que a participación das mulleres no complexo pesqueiro aumentou desde os anos 90, pero que seguen concentradas en certas actividades tradicionalmente ligadas a elas. Aínda que existen variacións entre subsectores, as entrevistadas valoran que non existe igualdade, que o sector pesqueiro non lles prové dun bo medio de vida, e sinalan que malia existir avances derivados da unión e profesionalización das mariscadoras e redeiras, os retos para o avance en materia de igualdade da pesca seguen pasando por mellorar as condicións do conxunto do sector, a incorporación de máis mulleres e superación de estereotipos de xénero e por unha aposta decidida da Administración pola igualdade no sector. Por último, discútese que o feito de que a igualdade non apareza como principal reto para as mulleres do sector pode estar ligado a un tipo de empoderamento asociado ao acceso á profesión, e conclúese que malia as mudanzas, determinadas desigualdades de xénero estruturais que permanecen na pesca desde os 90