A gran fenda. A desagregación do vello "Regnum Gallaeciae" altomedieval e as orixes da monarquía nacional feudal de Galicia (1037-1139 e.c)

  1. Carlos Baliñas Pérez
Libro:
"Regnum totius Gallaeciae". O Reino Medieval de Galicia: simposio
  1. Anselmo López Carreira (dir. congr.)

Editorial: Diputación de La Coruña = Deputación da Coruña

ISBN: 978-84-9812-416-3

Ano de publicación: 2024

Páxinas: 249-268

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

O período entre os anos 1037 e 1139 foi o «século do cambio» no noroes-te peninsular, o momento no que o conxunto territorial e unidade política que fóra a Gallaecia altomedieval, cuxas orixes se remontaban ao Imperio Romano e ao Rei no Suevo, chega ao seu remate, dando orixe aos reinos independentes de Galicia e de Portugal. Tres grandes fenómenos históricos enmarcan esta decisiva etapa. Primeiramente, coa derrota e morte do derradeiro monarca da dinastía galaico-leonesa en 1037, a nobreza galaica perde o protagonismo que exercera no norte peninsular cristián a prol da nova dinastía real navarro-castelán e os seus aliados. Ensegundo lugar, a reformulación da nacente monarquía feudal nacional de Galicia presenta serios problemas de encaixe dentro do Imperio Hispánico dos reis Fernando I, Afonso VI e Afonso VII, que non poucas veces derivarán en conflitos abertos, tanto da aristocracia galaica coa monarquía como de diferentes bandos en-frontados entre si. As solucións adoptadas non conseguirán de momento xerar unconsenso amplo. E así chegamos ao terceiro gran fito histórico do período: a progresiva apertura dunha fenda insalvable entre a Galicia nuclear e as terras estremeiras de alén do baixo Miño e do Limia, que desembocará na proclamación dePortugal como un reino independente no ano 1139 baixo da éxida de Afonso Henriques, un príncipe da dinastía real e á vez un magnate galaico, mentres a vella Gallaecia cismiñota vencellará o seu destino político ao Reino de León-Galicia dosdescendentes do seu curmán e rival Afonso Raimúndez