Galicia e a lírica trovadoresca
- Anselmo López Carreira (dir. congr.)
Editorial: Diputación de La Coruña = Deputación da Coruña
ISBN: 978-84-9812-416-3
Ano de publicación: 2024
Páxinas: 365-387
Tipo: Capítulo de libro
Resumo
Os estudos levados a cabo nas últimas décadas permiten observar conclaridade un fenómeno que xa intuíran ilustres investigadores, pero para o que faltaba documentación: o fenómeno trobadoresco é xa unha realidade no reino de Galicia-León desde as últimas décadas do s. XII; naceu vinculado a cortes reais [Fernando II e Afonso IX (VIII de Galicia-León)] e nobiliarias, especialmente galegas e, en ocasións, do norte de Portugal. Existen relativamente poucos elementos no corpus e no nome dos autores que contribúan a situalos xeograficamente, pero ten máis relevancia o lugar de produción da lírica que o punto de orixe de cada trobador. A variedade lingüística empregada nas cantigas é o galego, aínda que non resulte doado identificar trazos diatópicos específicos debido ao proceso de fixaciónpor escrito dos textos; o progresivo desprazamento –nas dúas últimas décadas dos. XIII e, sobre todo, na primeira metade do XIV– cara as cortes portuguesas, sumado ás últimas fases de configuración da tradición manuscrita, fixo que a maioría dos textos chegasen a nós nunha vestimenta portuguesa, polo que segue tendo sentido falar de variedade lingüística galego-portuguesa, aínda que, na realidade unha parte dos testemuños [Cancioneiro da Ajuda, Pergamiño Vindel] presenten unha veste galega, e os apógrafos italianos representen a norma portuguesa á que sería adaptado o Libro di portughesi que Colocci fixo copiar en Roma nas primeiras décadas do s. XVI