Nanopartículas de oro para terapia del cáncersíntesis de ligandos carboránicos
- Regueira Sampedro, Tamara
- Antonio Mouriño Mosquera Director
- Manuel M. Paz Castañal Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 08 de novembro de 2024
- Raul San Martin Faces Presidente/a
- M. Montserrat Martínez Secretario/a
- Antonio Sousa Pedrares Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Un obxectivo fundamental na oncoloxía é desenvolver un método capaz de destruír selectivamente células malignas para tratar pacientes afectados con cancro. A terapia por captura neutrónica de átomos de boro (Boron Neutron Capture Therapy, BNCT) é unha terapia binaria que consiste na administración de un composto que conteña 10B seguido da irradiación con un faz de neutróns, o que provoca unha reacción nuclear de fisión que destrúe selectivamente as células tumorais sen danar as células sanas do contorno. O desenvolvemento da BNCT depende principalmente da dispoñibilidade de compostos que incorporen átomos de boro e teñan afinidade por receptores de tumores. As nanopartículas de ouro (AuNPs) pódense utilizar como vehículos no transporte e liberación selectiva de medicamentos para combater as desvantaxes presentadas pola administración convencional. As AuNPs non son tóxicas nin inmunóxenos e son máis inertes á metabolización. O obxectivo de este trabajo é a síntese de AuNPs que incorporan ligandos carboránicos como fonte de boro de potencial interés no tratamiento de tumores vía BNCT. Levouse a cabo a síntese de dous ligandos carboránicos, un de los cais uniuse a AuNPs de tamaño definido.