Caderno para familiasImplicación familiar e rendemento académico en educación primaria. A efectividade dun programa para pais e nais
- Agustín Godás Otero coord.
- Elena Fernández Rey coord.
- María do Carmen Cambeiro Lourido
- María Cristina Ceinos Sanz
- Jesús García Álvarez
- Leticia López Castro
- Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez
- Gabriela Míguez Salina
- Jesica Núñez García
- Miguel Anxo Nogueira Pérez
- Alexandre Sotelino Losada
- Cristina Varela Portela
- Ana Vázquez Rodríguez
Editorial: Universidad de Santiago de Compostela
Ano de publicación: 2021
Tipo: Libro
Resumo
Este caderno pretende servir de apoio para a implementación do programa, no que se busca mellorar a implicación dos pais e nais nunha serie de cuestións que inciden na vida escolar e na educación en xeral dos seus fillos e fillas. Hoxe podemos garantir, de forma científica e obxectiva, que cando os pais e nais se implican na educación dos/das seus/súas fillos/as e cando saben polo que están pasando como persoas, están fortalecéndoos no seu desenvolvemento e no que constitúe a base para acadar calquera meta escolar. Sabemos tamén que, ao implicarnos, axudámoslles a desenvolver hábitos e habilidades, a se organizar para aproveitar o tempo, a aprender de xeito independente, a responsabilizarse do seu propio traballo, a enfrontarse ás dificultades propias da súa idade e da contorna escolar, e o que é máis importante, a compartir experiencias cos seus pais e nais. Isto é o que queremos sinalar e destacar, dialogando e intercambiando ideas e adaptándoas ás necesidades do grupo.