Papés d’emprenta condenada (I)a escrita galega entre 1797 e 1846
- Mariño Paz, Ramón ed. lit.
- Barreiro Fernández, Xosé Ramón ed. lit.
- Aneiros, Rosa
Editorial: Consello da Cultura Galega
ISBN: 978-84-96530-70-6
Año de publicación: 2012
Tipo: Libro
Resumen
A recuperación dos textos en galego de inicios do século XIX non é unha tarefa nova. Diversos traballos dados ao prelo en distintas épocas (moitos dos cales editan ou reeditan escritos daquel período) achegáronse á cuestión da escrita en galego do século XIX previa ao Rexurdimento. A principal contribución do presente estudo é a edición nun volume conxunto de todos os textos achados ata o momento e tamén a vontade de analizar aquel fenómeno desde o punto de vista histórico, xornalístico, lingüístico e literario. O estudo dos textos permitirá aos investigadores tirar conclusións non só sobre a traxectoria dos seus autores senón tamén sobre a súa época, a sociedade galega coetánea, os debates ideolóxicos que se acenderon, a diversidade interna da lingua galega (non só dialectal, senón tamén social e estilística) ou as modalidades da comunicación pública na aurora da Galicia contemporánea.