Léxico dispoñible do galego
Editorial: Servicio de Publicaciones = Servizo de Publicacións ; Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 978-84-15876-68-7
Ano de publicación: 2014
Tipo: Libro
Resumo
Este volume presenta o léxico dispoñible do galego obtido a partir dunha mostra de oitocentos estudantes de 2º curso de Bacharelato matriculados en centros escolares de toda Galicia. Co obxectivo de permitir cotexos con outros léxicos dispoñibles, moi en especial co léxico dispoñible do castelán de Galicia, a metodoloxía empregada coincide en gran medida coa utilizada no Proxecto panhispánico coordinado por Humberto López Morales. Na primeira parte do traballo preséntanse precisamente os aspectos metodolóxicos, con especial atención aos criterios de edición dos materiais. No seguinte capítulo lévase a cabo unha análise dos resultados obtidos, tanto desde o punto de vista cuantitativo como cualitativo. Estes dous capítulos serven de presentación para as tres listaxes de léxico dispoñible que se ofrecen en forma de apéndice: lemas e variantes ordenados por centros de interese, lemas ordenados por frecuencia e lemas ordenados alfabeticamente. No cuarto anexo proporciónase unha mostra da enquisa empregada para a recolleita dos materiais