O ensaio como subtexto na prosa de Rosalía de Castro

  1. María López Sández 1
  1. 1 Universidade de Santiago
Revista:
Follas novas: revista de estudos rosalianos

ISSN: 2530-3813

Ano de publicación: 2016

Número: 1

Páxinas: 70-91

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Follas novas: revista de estudos rosalianos

Resumo

A dimensión ensaística dos prólogos de Rosalía é extensible aos artigos e cartas. Pola súa banda, as novelas gardan relación con outros subxéneros, sitúanse nun espazo fronteirizo e ábrenlle a porta ao terreo non ficcional. É revelador que moitos elementos textuais cuestionen a tipoloxía das súas obras: Flavio preséntase como un “ensaio de novela”, El caballero de las botas azules ou El primer loco como “conto estraño”. Nun contexto no que a escrita en si era aínda unha ousadía nunha muller, Rosalía atopou na creación, xa poética, xa novelística, a canle para inserir o seu pensamento, de xeito que o ensaio constitúe un poderoso subtexto da súa produción.