A fenomenoloxía do don na lírica románica das primeiras xeracións
- Ron Fernández, Xosé Xabier
- Mercedes Brea López Doktormutter
Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 25 von Januar von 2016
- Pilar Lorenzo Gradín Präsidentin
- José António Souto Cabo Sekretär
- António Resende de Oliveira Vocal
- Isabel de Riquer Vocal
- Eduardo Pardo de Guevara Valdés Vocal
Art: Dissertation
Zusammenfassung
Como explicaremos con fondura ao longo desta tese, a fenomenoloxía do don é, tal como definía o antropólogo e sociólogo Mauss (1923-1924), un fenómeno social total, xa que na súa existencia conviven insitucións de todo tipo, relixiosas, xurídicas, morais, políticas, familiares, económicas (reciprocidade e redistribución) e estéticas. Estudaremos a funcionalidade do don na documentación medieval. As diversas prácticas do don que rexistramos na nosa investigación permiten a reconstrución de parentelas aristocráticas que teñen unha especial incidencia no proceso de inicio e consolidación na lírica galega e portuguesa. Describimos e interpretamos como se proxecta a fenomenoloxía da economía do don na lírica das tres escolas citadas prestando especial atención aos procesos intertextuais. Empregando o método intertextual e dialéctico de forma comparada reflictiremos como se producen as coincidencias e que valor teñen as diferenzas con respecto ao motivo temático dos graos do amor e como intervén o don nas tres escolas líricas contempladas o servizo de amor. Unha das conclusións máis relevantes do noso estudo é a importancia que adquire o don como eixo estruturante e tamén como memoria na relación que se dá entre estas parentelas nobiliares e as institucións relixiosas que modulan e modelan un mesmo espazo xeográfico O don actúa como mecanismo relacional desde a propia consideración do acto de trobar coma un don que ofrece o trobador como manifestación dos seus deberes como servidor e que, en tanto que tal, agarda un contradon por parte da dona, quen de recompensar e demostrar reciprocidade e correspondencia co don realizado polo servidor. Como demostraremos, é a natureza deste don, esencial na definición do servizo de amor, a que explica moitos dos debates e controversias en que se viron implicados os trobadores das tres líricas. Nesa dialéctica veremos emerxer diferenzas e coincidencias que connotan de forma característica a esencia do trobar das tres líricas. Por exemplo, na lírica dos trobadores non hai espazo para a ensoñación (rêverie) como forma alternativa de percorrer o itinerarium ad dominam.