Catálogo da flora ornamental da provincia de Pontevedra

  1. Fernández Alonso, Xesús Ignacio
Dirigida por:
  1. Antonio Rigueiro Rodríguez Director

Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 28 de enero de 2016

Tribunal:
  1. Antonio López Lillo Presidente/a
  2. María Isabel Iglesias Díaz Secretaria
  3. Rosa Romero Franco Vocal
  4. María Luisa Castro Cerceda Vocal
  5. Pedro Álvarez Álvarez Vocal
Departamento:
  1. Departamento de Producción Vegetal y Proyectos de Ingeniería

Tipo: Tesis

Teseo: 408037 DIALNET

Resumen

A catalogación das plantas vasculares- fentos, ximnospermas e anxiospermas- ornamentais presentes da provincia deu un resultado de 3754 especies; delas 622 son consideradas de presenza non firme; do resto, 3132 especies, apórtase o nome científico en uso, os sinónimos lexítimos, os nomes coñecidos en inglés, castelán e galego, a orixe, un apartado de observacións con datos relevantes, e os lugares onde foi atopada na provincia, indicando tamén o número de exemplares atopados, a súa altura, data de obtención e estado fitosanitario. Nesas 3132 hai 89 pteridófitos (fentos e similares), 167 ximnospermas (coníferas, Ginkgo, Cycadales e Ephedraceae) e 513 monocotiledóneas. Foron recollidas 17419 entradas no apartado de Localizacións, que dan un total dunhas 84000 plantas rexistradas, en 2210 localizacións diferentes; 15548 desas entradas pertencen ás 3132 especies ditas, e o resto, a plantas de orixe híbrida. Atopáronse 3431 cultivares, deles 2242 pertencentes a algunha das especies catalogadas (e 700 de Camella japonica), o resto de orixe híbrida. Das especies 3132 estudadas hai 140 espontáneas, 1768 leñosas, 2642 foron atopadas no exterior en terra, de 467 atopáronse plántulas ou gromos de raíz. Elaborouse listas coas especies con máis exemplares catalogados, coas localizacións con máis especies rexistradas (son varias coleccións privadas, Lourizán e o parque de Castrelos), coas familias mellor representadas (en número de xéneros e especies), cos xéneros máis ricos en especies (o 1º é Eucalyptus con 72), segundo a orixe (o Reino Floral ó que pertencen, e as máis frecuentes son as de orixe Holártica, un 49’1 do total). Inclúese unha lista das especies desaparecidas nos últimos anos. Inclúese tamén unha lista das árbores incluídas no “Catálogo galego de Árbores Senlleiras”, das que poderían ou deberían selo e das sobresaíntes mortas, estiveran incluídas ou non.